Entrevista na RMT con Carlos e Alex (Club de Emprego)
CM de Instalacións eléctricas e automáticas
Como xa saberedes, dentro da oferta de ciclos de FP que se imparten no IES Indalecio Pérez Tizón atopamos o CM de Instalacións Eléctricas e Automáticas.
¿Qué tipo de estudos son estes? ¿Qué clase de destrezas se aprenden e cáles son as súas posibles saidas profesionais? Podes vir preguntarnos cando queiras, miralo aquí na páxina oficial do ministerio ou, moito mellor, deixar que cho expliquen directamente dous dos nosos alumnos de electricidade, entrevistados por David e Lucía do CM de Actividades Comerciais.