Tui

O noso departamento nunha vila fermosa

Tui ten unha situación xeográfica fronteiriza coa veciña Valença (Portugal) separados/unidos polo río Miño, na que conflúen importantes vías de comunicación terrestres; ademais está preto (nun radio de 30 km) de importantes cidades e vilas galegas (Vigo, Porriño, A Guarda, Redondela, Salvaterra, Salceda de Caselas, Tomiño,…) e portuguesas (Caminha, Viana de Castelo, Monçao, Braga, …). 

Por todo isto e moito máis é o centro administrativo, comercial, da comarca do Baixo Miño

O IES INDALECIO é un IES con oferta de Formación Profesional que se propón ofrecer ao alumnado unha formación integral de calidade, académica e humana.

ONDE ESTAMOS

O POBO

O centro histórico de Tui, dentro das murallas, foi declarado conxunto histórico-artístico e ben de interese cultural, e un é exemplo de urbe medieval. Así que un paseo por aquí, é unha viaxe no tempo desde a idade media á idade moderna.

 

O CAMIÑO

SANTIAGO WAY

Pola Eurocidade Tui Valença pasa o camiño de Santiago. Un atractivo para moitos turistas e habitantes do pobo.

IDENTIDADE

CASCO VELLO

O noso concello tudense está situado á beira do río Miño, ó longo duns 10 quilómetros de terras chairas, vizosas e cheas de recunchos naturais dunha gran beleza. Pero non todo é río, tamén é montaña, … o monte Aloia (uns 680 m de altitude) coroa estas fermosas terras.

NON HAI FRONTEIRAS

Valença

Un pobo fronteirizo en ao sur do río Miño, en Portugal que ten unha fortaleza incriblemente ben conservada. No seu interior atoparemos as típicas vías portuguesas con beirarrúas empedradas formando mosaicos brancos e negros e rúas comerciais con moitas tendas que venden xénero para o fogar.

VEN A COÑECERNOS

EUROCIDADE

Tui ten unha situación xeográfica fronteiriza coa veciña Valença (Portugal) separados/unidos polo río Miño.

O noso centro

Preguntas frecuentes

A denominada eurocidade Valença-Tui, separados tan só polo río Miño.é chave na vertebración do tecido económico da eurorrexión Galicia e Norte de Portugal, tendo en consideración o actual crecemento de pequenas e medianas empresas que, no ámbito da comercialización dos seus produtos, precisan de profesionais con formación suficiente para enfrontar as necesidades de ditas organizacións.

No concello desenvolven a súa actividade moitos pequenos comercios locais (téxtil, hostelaría, alimentación, etc.) e grandes superficies do sector da alimentación como, Gadisa, Froiz, Lidl e Mercadona. Ademais de contar no propio concello cun Centro comercial Oulet ubicado estratéxicamente entre Galicia e Portugal. Por todo isto, podemos considerar que o alumnado matriculado nos ciclos de comercio, contan cun amplo abano de oportunidades laborais ao finalizar os seus estudos.

A mellor forma de realizar a admisión e porse en contacto coa secretaría do IES Indalecio presencialmente ou chamando ao 886 11 07 49, xa que dende alí poden informarte dos plazos e requisitos conforme a lexislación actual e deste xeito evitar que poidas quedarte sen a túa plaza.

Ollo coas datas! Se non formalizas a matrícula no prazo establecido, perdes a praza e a posibilidade de seguir no proceso de adxudicación, polo que soamente poderías matricularte en ciclos con prazas liberadas.

A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pode liberar as prazas vacantes de ciclos formativos nos que non haxa lista de espera para o alumnado que acredite os requisitos de acceso. Nese caso os centros efectuarán a matrícula por estrita orde de chegada das solicitudes. A relación dos ciclos formativos coa condición de liberados e o número de prazas dispoñibles en cada un deles pode consultarse na páxina web de formación profesional.

O IES Indalecio Pérez Tizón, antigamente chamado IES Francisco Sánchez, localízase na Avenida da Concordia s/n. O IES Indalecio conta cunha ampla oferta na rama de Comercio e Marketing, de dous ciclos.

Dispón do Ciclo medio de Actividades Comerciais e o Ciclo Superior de Xestión de Ventas e Espazos Comerciais. Neste instituto de Educación Secundaria impartese ademáis a ESO, Bacharelato, educación para adultos e ciclos formativos medio e de FP Básica de Electricidade.

Non o dubides

Inscríbete no indalecio