Iniciativa do proxecto da Aula de Emprendemento do IES Indalecio Pérez Tizón de Tui.
- PARTICIPANTES: Alumnado de Ciclo Medio e Superior de Comercio, individual ou en parella (neste caso repartirase o premio).
- TEMA:Realización dun argumentario para convencerao alumnado da ESO, Bacharelato e Ciclos de electricidade de que se animen a presentar unha proposta de idea de negocio.
- CARTEL:O alumnado de Ciclos de comercio deberá realizar un cartel en A-4 promocionando o concurso no que participará o alumnado da ESO, Bacharelato e Ciclos de electricidade.
- BASES: O alumnado de Comercio deberán realizar unhas bases do concurso (tamaño máximo unha folla en formato PDF). As bases do concurso deben conter:
– Título do concurso.
– Tema.
– Participantes: A quen vai dirixido, neste caso ó alumnado de electricidade, ESO e Bacharelato do IES Indalecio Pérez Tizón.
– Formato: O tamaño será obrigatoriamente impreso, máximo un folio A-4.
– Os concursantes deberán entregar o documento coa idea de negocio ao seu titor, no que se indicará o nome completo do alumno/a e o curso. Cada titor deixará as ideas de negocio no lugar indicado na sala de profesores.
– Data máxima de entrega 29 de febreiro2023.
– Puntuarase a orixinalidade, creatividade, posibilidades de levar o negocio a cabo, sostenibilidade medioambiental, fomento do emprego no rural.
– O tribunal serán 3 profesores da rama de comercio a decidir polo departamento de Comercio.
-Premio un vale de 150€ para trocar na tenda de deporte DEQUIP TUI.
-O agasallo deberá ser trocado antes do 15 de marzo de 2024
3 ARGUMENTARIO: O alumnado de Comercio deberá realizar un argumentario de como realizaría a presentación para convencer ao alumnado nas aulas de ESO, Bacharelato e Ciclos de electricidade. Este argumentario debe incluír todo o proceso, dende tocar á porta para acceder á aula do curso se lle asigne aos finalistas, presentación, contido da presentación e despedida.A duración da presentación na aula durará un máximo 5 minutos.
O argumentario teráformatoPDF, máximo 3 folios A4 e poderase tamén utilizar audiovisuais como PowerPoint, canva,vídeos… ou outras ferramentas que se consideren para conseguir atraer a atención e participación do alumnado do centro.
Todas as ferramentas que se utilicen o día da presentación deberán ser enviadas xunto co cartel e o argumentario.
Recoméndase que oargumentario inclúaentre outras cousas:
A importancia de emprender,a importancia da innovación e acreatividade,que a iniciativa de negocio pode influíreconomicamente de xeito positivo na contorna, que é unha forma de auto emprego, e por suposto ese argumentariodebe ser persuasivo parainfluíra que o alumnado se atreva a redactar unha idea de negocio.
- DATA: a data máxima para a entrega 31 de xaneiro 2024. A partires desta data realizarase a selección dos 5 finalistas, que serán os que realizarán as visitas ás clases para realizar a exposición do concurso e animar ao alumnado do resto do centro a participar. Asignaránselles varias clases por finalista.
- ENTREGA: As entregas achegaranse por correo electrónico no enderezo electrónico:emprendemento@formacionprofesional.gal
- XURADO: O xurado estará formado por tres profesores do departamento de Comercio, que designará o propio departamento.
Prazo de presentación ata o 31 de xaneiro 2024.
- CRITERIOS DA AVALUACIÓN: Na valoración dos traballos terase en conta:
Cartel | Deseño do cartel, motivador, creativo, orixinal. | |
Argumentario | Valorarseo uso de ideas creativas y orixinais para transmitira mensaxe e os recursos presentados. | |
Bases | Valorarase que cumpre co contido e formato indicado. | |
Presentación | Valorarase a orixinalidade, a motivación para influír no alumnado a que participen no concurso. |
- PREMIO: Outorgarase un premio dun vale por valor de 150€, a trocarnatenda de roupa deportiva DEQUIP TUI.
No caso de conseguir a participación de máis do 50% do alumnado de electricidade, ESO e Bacharelato, o premio incrementarase en 25€.
No caso de concursar en parella, o premio será repartido.
O agasallo deberá ser trocado antes do 15 de marzo de 2024.