O pasado 5 de outubro, o noso alumnado de 1º e 2º Ciclo Superior de Comercio, tivo oportunidade de visitar a última edición da feira internacional de produtos do mar conxelados Conxemar.
Esta feira, unha referencia no sector a nivel mundial, ten lugar no recinto Ifevi (Vigo) recentemente ampliado ata alcanzar os 37.000 m² polos que os nosos alumnos puideron explorar as últimas innovacións e produtos do sector.
Máis de 200 empresas e 8700 millóns de facturación danse a man en @conxemar, feira líder no seu sector e a máis importante de Galiza.
Por suposto, nun evento así, tiñamos que acudir co noso alumnado do CS Xestión de Vendas e Espazos Comerciais…
Durante o evento comprobamos o tremendo potencial do sector e o dinamismo comercial dunha feira desta categoría.
Grazas a organización pola invitación e a @frigorificosarcos pola atención no seu stand!
Os nosos alumnos foron informándose polos stand para coñecer de primeira man a labor comercial como por exemplo os que marcan as datas nos enlatados.
Unha excursión clásica pero que gusta moito ao alumnado. Grazas a Nacho e Vanesa por acompañar ao noso alumnado.