Comeza un novo curso nos nosos ciclos e, coma cada ano, comezamos o noso programa de visitas as empresas máis salientables do noso país, para que o noso alumnado poida coñecer de primeira man os seus procesos e filosofía empresarial.
Nesta ocasión e acompañados do seu excelente persoal de rrhh, visitamos co noso alumnado do CS Xestión de Vendas e Espazos Comerciais a central e centro loxístico de @pullandbear
A zona de escapatismo e a tenda piloto que teñen é moi boa.
Vimos tamén unha zona de loxística, ver por dentro como clasifican e almacenan os paquetes que lle chegan foi unha experiencia que non se ve todos os días.
Os alumnos ficaron abraiados cos seus xardíns e parkings.
Non podemos publicar fotos nin contar moito da visita xa que todo queda entre Pull&Bear e o noso alumnado… pero durante a visita os seus almacéns e diferentes departamentos de deseño, marketing dixital etc temos claro a razón do seu éxito internacional 🙂
En definitiva pasámolo moi ben, unha excursión de dez.