HORARIO DE ENTREVISTAS MOBILIDADES ERASMUS+ 2023-1-ES01-KA121-VET-000147461

Pola presente convócase o horario de entrevistas para seleccionar ao alumnado para participar no programa de mobilidades europeas segundo as solicitudes achegadas correctamente ERASMUS+ PRACTICUM DEPO 2023 coordinado pola Deputación de Pontevedra no presente curso académico.

O día das entrevistas será o Mércores 6 DE Marzo DE 2023

O horario será o da seguinte táboa

ALUMNO/AHORA
Ruth Alonso Alonso12:25

Non hai solicitudes excluídas

Criterios de selección

A selección do alumnado realizarase en cada centro educativo de acordo aos seguintes criterios:

1. Expediente académico (máximo 4 puntos). Terase en conta a nota media do ciclo formativo completo no caso das persoas tituladas recentes e a nota media do primeiro curso do ciclo no resto de casos.

  • Nota media inferior a 6: 1 punto.
  • Nota media comprendida entre 6 e 7: 2 puntos.
  • Nota media maior que 7 e inferior a 9: 3 puntos.
  • Nota media igual ou superior a 9: 4 puntos.

2. Coñecemento do idioma do país de destino ou do idioma de traballo (máximo 4 puntos):

  • Certificación de nivel B1: 1 punto.
  • Certificación de nivel B2: 2 puntos.
  • Certificación de nivel C1: 3 puntos.
  • Certificación de nivel C2: 4 puntos.

3. Entrevista persoal (máximo 4 puntos):

  • A comisión avaliadora realizará unha entrevista á persoa candidata na cal se valorarán as aptitudes e actitudes persoais en relación coas actividades a desenvolver durante a mobilidade, o grao de responsabilidade, a capacidade de traballo en equipo e a capacidade comunicativa.
  • De non se presentar á entrevista, entenderase que a persoa aspirante renuncia á bolsa, polo que a súa solicitude será desestimada.
  • Deberase obter unha puntuación mínima de 2 puntos neste apartado para poder ser seleccionado/a.

4. Persoas participantes con menos oportunidades (2 puntos).

Considéranse participantes con menos oportunidades os/as que se encontren nalgunha das seguintes situacións (axuda non acumulativa se presentan máis dun perfil):

  • Ter sido beneficiario dunha bolsa de estudos de carácter xeral da Administración Xeral do Estado para realizar estudos universitarios e outros estudios superiores no curso inmediatamente anterior ao que se realice a mobilidade.
  • Ter a condición de refuxiado ou con dereito a protección subsidiaria ou ter presentado solicitude de protección internacional en España.
  • Ter recoñecida e cualificada legalmente unha discapacidade en grao igual ou superior ao 33 por cen.

5. Criterios de desempate.

No caso de empate seguirase a seguinte orde de prioridade:

1º- Ás persoas solicitantes con menos oportunidades.

2º- Ás persoas solicitantes que nunca participaran en mobilidades do Programa Erasmus+.

Se aínda así persiste o empate, farase a selección por sorteo.