Blog feito por Verónica Lola Ebesi de 1º CS de Marketing e Publicidade do IES Indalecio Perez Tizón
O pasado 3 de abril vivimos unha experiencia moi enriquecedora no Porriño, unha localidade con moito que ofrecer tanto a nivel institucional como empresarial.
A nosa primeira parada foi no Concello do Porriño, onde tivemos a honra de ser recibidos polo alcalde Alejandro Lorenzo Alonso.

Durante o encontro, ofreceunos charlas motivadoras que non só animáronnos a seguir esforzándonos no noso camiño, senón que tamén nos fixeron reflexionar sobre o valor do traballo en equipo, a superación persoal e a importancia da construción como sector crave no desenvolvemento local.

Tras as charlas, gozamos dun almorzo nas instalacións do Concello, o que nos permitiu
intercambiar impresións cos compañeiros e coller forzas para o que viña a continuación.

A segunda parte da xornada levounos a Biscuits Galicia unha empresa cunha longa
traxectoria na fabricación de galletas. Alí puidemos percorrer as súas instalacións,con Manuel
o representante que nos fixo coñecer de primeira man o seu proceso de produción e, como
non, probar algunhas das súas deliciosas galletas.

Foi unha visita moi doce e tamén moi interesante, xa que nos permitiu ver como funciona unha empresa galega desde dentro, cun gran compromiso coa calidade e a innovación.
Durante a visita ás súas instalacións, fomos testemuñas de todo o proceso de elaboración dos
seus produtos, desde a selección de materias primas ata o envasado final.
Sorprendeunos a tecnoloxía aplicada, a precisión en cada etapa e, sobre todo, a dedicación do equipo humano que fai posible que cada galleta chegue ás nosas mans coa máxima calidade.

Foi un día cheo de aprendizaxes, inspiración e bos momentos. Agradecemos tanto ao Concello do Porriño como a Biscuits Galicia por abrirnos as súas portas e brindarnos esta experiencia inesquecible.
Autoría do post: Verónica Lola Ebesi Alumna de 1º Superior de Marketing e Publicidade do IES Indalecio Perez Tizón