Aroa Álvarez Figueroa 1º CS de Marketing e Publicidade do IES Indalecio Perez Tizón
O 9 de outubro de 2025, o alumnado de 1º e 2º do Ciclo Superior de Marketing e
Publicidade visitamos Conxemar, a Feira Internacional de Produtos do Mar Conxelados,
celebrada no recinto Ifevi, Vigo. Esta feira é unha referencia no sector mundial, con
empresas de case todos os países.

Durante a visita percorrimos os diferentes stands das empresas expostas, observando
como preparan os seus espazos, como presentan os produtos e que estratexias usan para
atraer aos visitantes. Falamos con algunhas persoas das empresas, que nos contaron como
presentan os seus produtos e que fan para chamar a atención do público durante a feira.
Tamén tivemos a oportunidade de probar algunhas mostras (sopa de peixe, croquetas,
algas, pizza ou tarta son só algúns exemplos de todo o que había), descubrir novas marcas
e ver como cada stand buscaba destacar dun xeito creativo e visual. Foi unha experiencia
moi enriquecedora, que nos axudou a relacionar o que aprendemos nas clases co que se
vive nun evento real coma este.

Algún alumnado volveu a casa cunha bolsa chea de agasallos dos stands, coma libretas,
bolsas, pulseiras ou mesmo paraugas.
O ambiente era moi profesional, con xente de diferentes países e moito movemento de
visitantes. Para nós foi unha boa maneira de relacionar o que estudamos nas aulas coa
realidade laboral, sobre todo no que ten que ver co marketing, a publicidade e a
organización de eventos.
Ademais, aproveitamos para sacar algunhas fotos grupais e pasámolo moi ben compartindo
a experiencia cos compañeiro. Foi unha xornada completa, chea de aprendizaxe práctica e
tamén de momentos divertidos.
En resumo, a visita a Conxemar 2025 foi unha experiencia moi positiva, que nos permitiu
coñecer mellor o mundo profesional e motivarnos a seguir formándonos neste ámbito.
Volvemos ao centro con novas ideas, moita inspiración e ganas de seguir aprendendo
Autoría do post: Aroa Álvarez Figueroa Alumna de 1º Superior de Marketing e Publicidade do IES Indalecio Perez Tizón