Convocatoria de mobilidade Erasmus + 2023 para persoal docente e non docente


Ábrese a convocatoria para que o profesorado de formación profesional e persoal interesado presente a súa candidatura para a realización dunha mobilidade de formación nun país europeo, ao abeiro do proxecto Erasmus + 2023 da Deputación de Pontevedra.

A presente convocatoria ten por obxecto fomentar que o profesorado dos ciclos formativos de grao medio e básico do IES Indalecio Perez Tizón realicen unha mobilidade nun país do ámbito de actuación do programa Erasmus+ co fin de mellorar o seu desenvolvemento persoal, profesional e lingüístico.

Prazo de presentación de solicitudes
A solicitude da mobilidade para a presente convocatoria poderá presentarse dende o día 28 de Febreiro até o 7 de Marzo de 2025, ambos inclusive.

CRITERIOS DE SELECCIÓN DO PERSOAL DOCENTE E NON DOCENTE QUE TRABALLE EN EDUCACIÓN E FORMACIÓN PROFESIONAL

Poden realizar unha mobilidade de persoal profesores, formadores e todos os demais expertos e persoal non docente que traballen ou exerzan a docencia en ciclos formativos de grao medio e básico de Formación Profesional ou cursos que conduzan á obtención de Certificados de Profesionalidade dos niveis I, II e III impartidos polos centros educativos que formen parte do consorcio.

O persoal non docente admisible inclúe persoal de xestión, responsables de mobilidade internacional, asesores, etc. En todo caso, as tarefas que realice este persoal na organización deben estar documentadas de tal forma que se permita identificar o vínculo inequívoco co ámbito da Formación Profesional.

Establécense os seguintes criterios no baremo. A nota final obterase da suma das puntuacións dos seguintes apartados:

1. Interese, motivación e compromiso cos proxectos europeos (ata un máximo de 1 punto)

2. Antigüidade no centro educativo (ata un máximo de 2 puntos)

3. Coñecemento de idiomas (ata un máximo de 3 puntos)

4. Méritos (ata un máximo de 2 puntos)

5. Entrevista persoal (ata un máximo de 2 puntos)

O proceso selectivo supervisarao a xefatura do Servizo de Promoción do Emprego e Desenvolvemento Local da Deputación de Pontevedra (ou a persoa na que delegue).

No caso de empate, os criterios de desempate serán, por esta orde:

• Maior puntuación en antigüidade no centro.

• Maior puntuación no coñecemento de idiomas.

No caso de continuar co empate, o desempate determinarase por decisión do centro educativo.

1.— INTERESE, MOTIVACIÓN E COMPROMISO COS PROXECTOS EUROPEOS (ata un máximo de 1 punto).

Valorarase ata 1 punto o compromiso que ten a persoa solicitante cos proxectos europeos nos que participa o centro, a motivación para facer a mobilidade e a iniciativa para propoñer melloras na metodoloxía e currículo do centro.

2.— ANTIGÜIDADE NO CENTRO EDUCATIVO (ata un máximo de 2 puntos).

Igual ou inferior a 1 ano0,5 puntos
Máis de 1 ano e menos de 3 anos1 punto
Igual ou superior a 3 anos e inferior a 6 anos1,5 puntos
Igual ou superior a 6 anos2 puntos

3.— COÑECEMENTO DE IDIOMAS (ata un máximo de 3 puntos)*.

3.1 Titulacións de inglés.

Polo certificado oficial da Escola Oficial de Idiomas ou equivalente legalmente homologado, ata un máximo de 2 puntos.

A10 puntos
A20,5 puntos
B11 punto
B21,5 puntos
C1 ou C22 puntos

Non se terán en conta as titulacións de nivel inferior que levaron a adquirir outra de nivel superior.

Sen certificado oficial: realización dunha proba de nivel (oral) por parte do persoal de linguas do centro educativo, valorable ata un máximo de 1 punto.

3.2 Baremo dun segundo idioma.

Valorarase o coñecemento doutro idioma cun nivel mínimo de A2 e con acreditación de certificado oficial, ata un máximo de 1 punto.

A20,5 punto
B1, B2, C1, C21 punto

*A puntuación máxima que se pode obter entre os apartados 3.1 e 3.2 é de 3 puntos.

4.— MÉRITOS ACADÉMICOS (ata un máximo de 2 puntos).

Licenciatura universitaria relacionada co ámbito de FP no que se exerce a docencia1,50 puntos
Máster universitario relacionado co ámbito de FP no que se exerce a docencia0,50 puntos
Grao universitario relacionado co ámbito de FP no que se exerce a docencia1,00 punto
Diplomatura universitaria relacionada co ámbito de FP no que se exerce a docencia0,70 puntos
Título de técnica ou técnico relacionado co ámbito de FP no que se exerce a docencia0,50 puntos

Neste apartado só se valorarán titulacións distintas ou superiores ás esixidas para acceder ao exercicio da docencia.

5.— ENTREVISTA PERSOAL (ata un máximo de 2 puntos).

Valorarase ata un máximo de dous puntos o compromiso pola integración das experiencias adquiridas na mobilidade docente, a iniciativa para propoñer vías de mellora no centro educativo, a iniciativa para a busca de entidades das que poder aprender e aplicar novas metodoloxías.

Tamén se valorará na entrevista a planificación docente posterior de cara a difundir o aprendido na mobilidade no centro educativo e beneficiar a toda a comunidade educativa.