CONVOCATORIA DE MOBILIDADES Erasmus+ 2023-1-ES01-KA121-VET-000147461

Pola presente convócase o procedemento para seleccionar ao alumnado para participar no programa de mobilidades europeas ERASMUS+ para o alumnado de ciclos formativos de grao básico e grao medio de centros educativos públicos que forman parte do consorcio de mobilidade do proxecto Erasmus+ 2023-1-ES01-KA121-VET-000147461

Os alumnos/as que estean interesados en participar nunha mobilidade deberán cumprimentar o FORMULARIO DE SOLICITUDE anexo II a esta publicación que lles corresponda e envialo ao seguinte enderezo danielfonterosa@edu.xunta.gal entre o Venres 1 de Marzo e Martes 5 de Marzo de 2024 (ambos inclusive).  

A data das entrevista de selección será o 6 de Marzo ás 12:25 horas na clase de segundo de medio (calquera cambio se avisará).

É importante que no ASUNTO DO CORREO se indique o seguinte texto “SOLICITUDE PARTICIPACION ERASMUS NOME APELIDOS”

(Ex. SOLICITUDE PARTICIPACION ERASMUS DEPO TOMÁS FERNANDEZ)