Pola presente convócase o procedemento para seleccionar ao alumnado para participar no programa de mobilidades europeas ERASMUS+ PRACTICUM DEPO coordinado pola Deputación de Pontevedra no presente curso académico.
Os alumnos/as que estean interesados en participar nunha mobilidade deberán cumprimentar o FORMULARIO DE SOLICITUDE anexo a esta publicación que lles corresponda e envialo ao seguinte enderezo fonterosa@ciclocomerciotui.gal entre o 1 de Outubro ao 15 de Outubro de 2024 (ambos inclusive).
A data das entrevista de selección será o Martes 12 de Novembro as 10.45 horas na clase de segundo de superior (calquera cambio se avisará).
É importante que no ASUNTO DO CORREO se indique o seguinte texto “SOLICITUDE PARTICIPACION ERASMUS DEPO NOME APELIDOS”
(Ex. SOLICITUDE PARTICIPACION ERASMUS DEPO TOMÁS FERNANDEZ)
É condición imprescindible para poder realizar a mobilidade que o alumnado sexa maior de idade e teña aprobados todos os módulos do ciclo medio, incluído o módulo FCT, antes do inicio do período de mobilidade.
Establécense os seguintes criterios no baremo. A nota final obterase da suma das puntuacións dos seguintes apartados:
Establécense os seguintes criterios no baremo. A nota final obterase da suma das puntuacións
dos seguintes apartados:
- Asistencia ás clases lectivas e conducta (ata un máximo de 1 punto)
- Expediente académico (ata un máximo de 2 puntos)
- Coñecemento de idiomas (ata un máximo de 2 puntos)
- Méritos (ata un máximo de 1 punto)
- Entrevista persoal (ata un máximo de 2 puntos)
- Tipoloxía de alumnado (2 puntos)