CONVOCATORIA DE MOBILIDADES ERASMUS+ PRACTICUM DEPO 2023

Pola presente convócase o procedemento para seleccionar ao alumnado para participar no programa de mobilidades europeas ERASMUS+ PRACTICUM DEPO coordinado pola Deputación de Pontevedra no presente curso académico.

Os alumnos/as que estean interesados en participar nunha mobilidade deberán cumprimentar o FORMULARIO DE SOLICITUDE anexo a esta publicación que lles corresponda e envialo ao seguinte enderezo danielfonterosa@edu.xunta.gal entre o 31 de Outubro e o 07 de Novembro de 2023 (ambos inclusive).  

A data das entrevista de selección será o 14 de Novembro ás 12:25 horas na clase de segundo de medio (calquera cambio se avisará).

É importante que no ASUNTO DO CORREO se indique o seguinte texto “SOLICITUDE PARTICIPACION ERASMUS DEPO NOME APELIDOS”

(Ex. SOLICITUDE PARTICIPACION ERASMUS DEPO TOMÁS FERNANDEZ)

É condición imprescindible para poder realizar a mobilidade que o alumnado sexa maior de idade e teña aprobados todos os módulos do ciclo medio, incluído o módulo FCT, antes do inicio do período de mobilidade.

Establécense os seguintes criterios no baremo. A nota final obterase da suma das puntuacións dos seguintes apartados:

Establécense os seguintes criterios no baremo. A nota final obterase da suma das puntuacións
dos seguintes apartados:

  1. Asistencia ás clases lectivas e conducta (ata un máximo de 1 punto)
  2. Expediente académico (ata un máximo de 2 puntos)
  3. Coñecemento de idiomas (ata un máximo de 2 puntos)
  4. Méritos (ata un máximo de 1 punto)
  5. Entrevista persoal (ata un máximo de 2 puntos)
  6. Tipoloxía de alumnado (2 puntos)