Convocatoria PRACTICUM DEPO 2021 Docentes


Ábrese a convocatoria para que o profesorado de formación profesional interesado presente a súa candidatura para a realización de prácticas nun país europeo, ao abeiro do proxecto PRACTICUM DEPO 2021.

CRITERIOS DE SELECCIÓN DO PERSOAL DOCENTE
Establécense os seguintes criterios no baremo. A nota final obterase da suma das puntuacións
dos seguintes apartados:
— 1 Interese, motivación e compromiso cos proxectos europeos (1 punto)
— 2 Antigüidade no centro educativo (2 puntos)
— 3 Coñecemento de idiomas (3 puntos)
— 4 Méritos (2 puntos)
— 5 Entrevista persoal (2 puntos)
O proceso selectivo supervisarao o xefe do Servizo de Promoción do Emprego e Desenvolvemento
Local da Deputación de Pontevedra (ou a persoa na que delegue).
No caso de empate, os criterios de desempate serán, por esta orde:
— Maior puntuación en antigüidade no centro
— Maior puntuación no coñecemento de idiomas
No caso de continuar co empate, o desempate determinarase por decisión do centro educativo

1.      

Características da mobilidade

Mobilidade de curta duración para docentes

2.      

Destinatarios:

Docentes de Formación Profesional

3.      

Criterios de selección:

Os criterios de selección aplicables a este proceso son os que figuran no Anexo I que se publica xunto a esta convocatoria.

Pódese atopar toda a información sobre o mesmo proceso na páxina da Deputación de Pontevedra.

4.      

Presentación de solicitudes:

Os solicitantes poderán entregar  a documentación que acredite as distintas competencias a ter en conta para este proceso de selección (segundo o BOPP do Venres, 27 de novembro de 2020) ao departamento de Comercio.

5.      

Prazo para a presentación de solicitudes:

O prazo de presentación de solicitudes será do día 17 ao 25 de xaneiro, ambos incluídos.