FITUR 2024

A Feira Internacional de Turismo (FITUR) celebrou a súa edición de 2024 en Madrid, do 24 ao 28 de xaneiro. FITUR é un dos eventos máis importantes do sector turístico a nivel mundial, reunindo a profesionais de todas as partes do mundo para amosar as últimas novidades e tendencias no ámbito do turismo.

Este ano, FITUR 2024 centrou a súa atención na sustentabilidade e na innovación tecnolóxica, dous piares fundamentais para o futuro do turismo. A feira contou con diversos pavillóns temáticos, onde os asistentes puideron descubrir solucións e proxectos que promoven un turismo máis responsable e eficiente.

FITUR tamén é un punto de encontro para os profesionais do sector, ofrecendo múltiples oportunidades de networking e colaboración. Conferencias, mesas redondas e presentacións de estudos de caso permitiron aos asistentes intercambiar ideas e coñecementos, fomentando a innovación e a mellora continua.

Como non podía ser menos, nun evento así, tiñamos que participar cos nosos alumnos, cos que aproveitamos para visitar non so Fitur, senón tamén os lugares máis representativos da capital unha vez a feira cerraba as súas portas.

Con máis de 10.000 empresas expositoras e 250.000 visitantes de máis de 165 países, estamos seguros de que a asistencia a FITUR 2024 foi un evento inesquecible para o noso alumnado, que puido comprobar de primeira man como se fan negocios e experimentar en primeira persoa e na práctica moitas das dinámicas e conceptos que impartimos nos ciclos de comercio do IES Indalecio Pérez Tizón.no maior escaparate mundial dun sector importantísimo para o noso país, e a nosa vila, como é o turismo.