Pola presente convócase o horario de entrevistas para seleccionar ao alumnado para participar no programa de mobilidades europeas segundo as solicitudes achegadas correctamente ERASMUS+ PRACTICUM DEPO 2023 coordinado pola Deputación de Pontevedra no presente curso académico.
O día das entrevistas será o Mércores 6 DE Marzo DE 2023
O horario será o da seguinte táboa
| ALUMNO/A | HORA |
|---|---|
| Ruth Alonso Alonso | 12:25 |
Non hai solicitudes excluídas
Criterios de selección
A selección do alumnado realizarase en cada centro educativo de acordo aos seguintes criterios:
1. Expediente académico (máximo 4 puntos). Terase en conta a nota media do ciclo formativo completo no caso das persoas tituladas recentes e a nota media do primeiro curso do ciclo no resto de casos.
- Nota media inferior a 6: 1 punto.
- Nota media comprendida entre 6 e 7: 2 puntos.
- Nota media maior que 7 e inferior a 9: 3 puntos.
- Nota media igual ou superior a 9: 4 puntos.
2. Coñecemento do idioma do país de destino ou do idioma de traballo (máximo 4 puntos):
- Certificación de nivel B1: 1 punto.
- Certificación de nivel B2: 2 puntos.
- Certificación de nivel C1: 3 puntos.
- Certificación de nivel C2: 4 puntos.
3. Entrevista persoal (máximo 4 puntos):
- A comisión avaliadora realizará unha entrevista á persoa candidata na cal se valorarán as aptitudes e actitudes persoais en relación coas actividades a desenvolver durante a mobilidade, o grao de responsabilidade, a capacidade de traballo en equipo e a capacidade comunicativa.
- De non se presentar á entrevista, entenderase que a persoa aspirante renuncia á bolsa, polo que a súa solicitude será desestimada.
- Deberase obter unha puntuación mínima de 2 puntos neste apartado para poder ser seleccionado/a.
4. Persoas participantes con menos oportunidades (2 puntos).
Considéranse participantes con menos oportunidades os/as que se encontren nalgunha das seguintes situacións (axuda non acumulativa se presentan máis dun perfil):
- Ter sido beneficiario dunha bolsa de estudos de carácter xeral da Administración Xeral do Estado para realizar estudos universitarios e outros estudios superiores no curso inmediatamente anterior ao que se realice a mobilidade.
- Ter a condición de refuxiado ou con dereito a protección subsidiaria ou ter presentado solicitude de protección internacional en España.
- Ter recoñecida e cualificada legalmente unha discapacidade en grao igual ou superior ao 33 por cen.
5. Criterios de desempate.
No caso de empate seguirase a seguinte orde de prioridade:
1º- Ás persoas solicitantes con menos oportunidades.
2º- Ás persoas solicitantes que nunca participaran en mobilidades do Programa Erasmus+.
Se aínda así persiste o empate, farase a selección por sorteo.