HORARIO DE ENTREVISTAS MOBILIDADES ERASMUS+ PRACTICUM DEPO

Pola presente convócase o horario de entrevistas para seleccionar ao alumnado para participar no programa de mobilidades europeas ERASMUS+ PRACTICUM DEPO coordinado pola Deputación de Pontevedra no presente curso académico.

O día das entrevistas será o XOVES 13 DE ABRIL DE 2023

O horario será o da seguinte táboa

ALUMNO/AHORA
NEREA ALONSO RODRÍGUEZ12:25
IMANE BAATI BAATI12:40
CIAN CAÑEDO FERRO12:55
ISMAEL EL HALOUY FERNÁNDEZ13:10
ANGEL MAIGUA ESTÉVEZ13:25

É condición imprescindible para poder realizar a mobilidade que o alumnado sexa maior de idade e teña aprobados todos os módulos do ciclo medio, incluído o módulo FCT, antes do inicio do período de mobilidade.

Establécense os seguintes criterios no baremo. A nota final obterase da suma das puntuacións dos seguintes apartados:

1. Adecuación da titulación e do perfil da persoa candidata (ata un máximo de 3 puntos)

2. Expediente académico (ata un máximo de 2 puntos)

3. Coñecemento de idiomas (ata un máximo de 2 puntos)

4. Méritos (ata un máximo de 1 punto)

5. Entrevista persoal (ata un máximo de 2 puntos)

O proceso selectivo supervisarao o xefe do Servizo de Promoción do Emprego e
Desenvolvemento Local da Deputación de Pontevedra (ou a persoa na que delegue).

No caso de empate, os criterios de desempate serán, por esta orde:

• Maior puntuación no expediente

• Maior puntuación no coñecemento de idiomas

No caso de continuar co empate, o desempate determinarase por decisión do centro educativo.

1. ADECUACIÓN DA TITULACIÓN E DO PERFIL DA PERSOA CANDIDATA (ata un máximo de 3 puntos)

Valoraranse, ata un máximo de 2 puntos, a motivación, a autonomía, a madurez, o compromiso co programa, a responsabilidade, a flexibilidade e as habilidades comunicativas.

Valoraranse a actitude nas clases e a asistencia regular ao ciclo cursado, ata un máximo de 1 punto:

2191.png

2. EXPEDIENTE ACADÉMICO (ata un máximo de 2 puntos)

Valorarase ata un máximo de 2 puntos, calculando a media aritmética das cualificacións obtidas no ciclo formativo de grao medio dos cursos finalizados:

2207.png

Non se terán en conta as cualificacións validadas.

3. COÑECEMENTO DE IDIOMAS (ata un máximo de 2 puntos)*

3.1 Titulacións de inglés

Polo certificado oficial da Escola Oficial de Idiomas ou equivalente legalmente homologado, ata un máximo de 2 puntos.

2227.png

Non se terán en conta as titulacións de nivel inferior que levaron a adquirir outra de nivel superior.

Sen certificado oficial: realización dunha proba de nivel (oral) por parte do persoal de linguas do centro educativo, puntuable ata un máximo de 1 punto.

3.2 Baremo dun segundo idioma

Valorarase o coñecemento doutro idioma cun nivel mínimo de A2 e con acreditación de certificado oficial, ata un máximo de 2 puntos.

2243.png

*A puntuación máxima que se pode obter nos apartados 3.1 e 3.2 é de 2 puntos.

4. MÉRITOS (ata un máximo 1 de punto)

Valorarase con 0,5 puntos cada título de formación profesional de grao medio diferente ao que lle dea acceso á mobilidade, ata un máximo de 1 punto.

5. ENTREVISTA PERSOAL (ata un máximo de 2 puntos)

Valoraranse ata un máximo de 2 puntos as habilidades comunicativas e sociais suficientes para desenvolverse en contornos distintos aos habituais. Valoraranse a acreditación de pertenza a calquera tipo de ONG ou a participación en programas de voluntariado, o interese, a madurez, a iniciativa etc.

Con independencia do anterior, todos os criterios poderán ser valorados con puntuación cero no caso de que o comité de selección constituído en cada centro educativo o considere oportuno. Neste sentido, incluso no caso de que unha alumna ou alumno cumpra os requisitos formais para o acceso a unha das prazas para realizar unha mobilidade Erasmus+, as e os membros do comité de selección de cada centro de FP poderán denegarlle directamente o dereito sen máis trámite no caso de que estimen que non cumpre os criterios mínimos para a súa realización en canto a conduta, comportamento, contorno, motivación, factores educativos, traxectoria, actitude etc.