Intercambio FP a Vilareal en Portugal

Intercambio con Vilareal 🇵🇹 A nosa aula de 1° de Ciclo Superior viaxou acompañado co departamento de galego ata a fermosa localidade de Vilareal para facer un intercambio FP coa escola secundaria Camilo Castelo Branco @esccbvilareal

O noso alunado puido coñecer de primera man como é a Formación Profesional no noso país irmán.

Dous días despois, o alunado portugués viu ao noso centro en Tui para comprender e desfrutar das nosas instalacións e dar un paseo polo pobo de Tui. Un WIN- WIN para ambas partes que esperamos que se repita mais veces no futuro!