O pasado martes o noso alumnado de 1º de Ciclo Medio de Actividades Comerciais e o de 2º de Ciclo Superior de Xestión de Vendas foi de excursión a Santiago e arredores onde visitou as instalacións da granxa Casa Grande da Xanceda , a TVG , o museo de Arte Moderno e a Biblioteca da Facultade de Historia.
A primeira das visitas foi na TVG onde nos ensinaron as instalacións donde se gravan os programas de TV e Radio.
Entramos en Directo no programa “Bos días Galiza” e no programa de Kiko Novoa de “Galiza por Diante”
Despois fumos a Frades as instalacións de Casa Grande da Xanceda onde nos explicaron o proceso de produción dos iogures, leite, marmeladas…
Contan cunha extensión incrible e con máis de 300 vacas. Como podedes ver polas fotos os nosos alunos pasárono pipa dándolle o bibe ás mais pequenas.
Ata tiñan sesión de Burroterapia!
Xa as dúas da tarde voltamos a Santiago centro onde comimos, visitamos o museo de arte moderno e a marabilla da biblioteca da facultade de Historia. Xa as seis da tarde de volta para Tui con moitos bos recordos!