Visita á empresa Servizo Móvil do sector loxístico

O pasado xoves día 2 de Marzo o noso alumnado de 2º de Ciclo medio e 2º de ciclo superior visitaron as instalacións da empresa Servizo Móvil en Negreira.

Servizo móvil é unha empresa punteira no sector da loxística. É unha empresa lider a nivel nacional en servizos de loxística integral sanitaria, xestión da información e procesos de negocio.

Estiveronos explicando o procedemento de entrada e recepción da mercadoría e o procedemento de saída no que utilizase un sistema moi avanzado de codificación e seleción.

Puidemos observar in situ como a mercadoría almacénase dun xeito robotizado. Son os que fornecen e proporcionan todo o material funxible e quirúrxico para todos os hospitais e centros de saúde públicos galegos.

Agradecemos a Eugenio Rossignoli, director da plataforma loxística sanitaria de Galiza, que nos fixo de guía explicativo pola empresa, a súa atención.

Deixo un vídeo explicativo do que vimos na excursión e que de seguro o noso alunado serviralle nos módulos de almacenamento e aprovisionamento.