Somos o Departamento de Marketing do IES Indalecio Pérez Tizón de Tui
Contamos con dous ciclos formativos nos que formamos en comercio online, atención á clientela, deseño de espacios comerciais, posicionamento SEO e SEM e negociación e técnicas de vendas.
Ciclos de Marketing e Publicidade en Tui
Departamento de Marketing
Realizamos excursións internacionais a feiras comerciais e empresas do sector.
Oferta formativa
Que asignaturas vas cursar nos ciclo superior de Marketing e Publicidade e ciclo medio de actividades comerciais.

Marketing Dixital
Para ser o mellor especialista en posicionamento SEO e SEM e marketing dixital e en implantación de espazos comerciais.

Escaparatismo
Deseño de espazos comerciais e escaparatismo comercial.

Comercio Electrónico
Deseño, xestión e dirección de e-commerce. Apredemos a crear unha tenda virtual funcional con Woomerce e WordPress.

Xestión financeira
Contabilidade, xestión e dirección de pequeno comercio.

Políticas de Marketing
Coordinación comercial á hora de realizar campañas publicitarias e supervisión de mercadotecnia.

Prácticas en Empresas
Asesoramento e participación en empresas relacionadas co ciclo formativo.
Antigos Alumn@s
Como falan de nós os nosos alumnos
Estou moi contento co ciclo de Marketing e Publicidade ademais fun de Erasmus nove meses!

Iván
Aluno de 2º CMC

Carla
1º CMC
Como exalumna do Ciclo Superior de Marketing e Publicidade do Instituto Indalecio Pérez Tizón de Tui, podo afirmar que a formación recibida foi excepcional, combinando teoría e práctica de maneira efectiva. Os profesores son altamente capacitados e sempre dispostos a axudar. Grazas a esta experiencia, logrei destacar na miña carreira profesional no ámbito do márketing dixital.

Clase de
2º CS
Como exalumno do Ciclo Medio de Actividades Comerciais, podo dicir que a formación práctica e os coñecementos adquiridos preparáronme excelentemente para o mundo laboral.

Clase de
2ºCMC
Grazas ao ciclo Medio de Actividades Comerciais, atopei a formación práctica e enfocada no mercado laboral sumamente valiosa. Esta educación permitiume conseguir emprego rapidamente e aplicar con éxito os coñecementos adquiridos.
As nosas actividades
Viaxes, erasmus, charlas e saídas
Contacta con nós
NON SEXAS TÍMID@
© 2019 Coworks. All Rights Reserved.
Formulario de contacto
- Av. da Concordia, S/N, 36700 Tui, Pontevedra
- 886 11 07 49
