O alumnado de 1º de ciclo medio e superior foron ao Espazo Xove de Tui a recibir a charla impartida por Baicrea, unha axencia de comunicación e marketing dixital, un equipo de nativos dixitais comprometidos coas marcas e as persoas.
A charla foi sobre “Marketing dixital e marca persoal”, onde o alumnado aprendeu de primeria man todo o relacionado co amplo mundo do marketing dixital e as oportunidades no eido laboral que ten esta rama do ciclo.
Deixámovos aquí o enlace á súa páxina web para saber máis sobre esta axencia de Marketing dixital.