O pasado xoves 19 os nosos alumnos de ciclo medio e superior, puideron contemplar de primeira man o excelente e orixinal traballo de arquitectura efímera da empresa @escenoset, xa que fomos guiados polo seu taller polo seu director artístico Xose Manuel Méndez.
Durante a visita, puidemos contemplar en directo traballos de moldeado e corte automatizado, así como charlar sobre algúns dos seus proxectos pasados e futuros, que inclúen dende a arquitectura efímera de stands de firmas en feiras interacionais, ata o deseño e producción de escenografía para locales e mesmo produccións de televisión nacionais e internacionais. Tamén nos comentaron un pouco sobre como sobrelevaron a pandemia e as medidas e cambios que tomaron para adaptarse.
Para completar a visita acercámonos ó Museo Centro Gaiás, para asistir a unha visita guiada pola súa exposición de arte e deseño, centrada en artistas surrealistas de principios do século XX e que conta con obras de artistas como Dalí ou Man Ray, entre outros, cedidas polo Vitra Design Museum (da localidade alemana de Weil am Rheim)
Estamos seguros de que os nosos alumnos teñen sacado moitas ideas de proveito e inspiración que aplicar nos módulos de Dinamización do punto de venda e Escaparatismo!
Dende aquí agradecemos a Escenoset e o Museo Gaiás pola sua excelente acollida.