Que é un Coworking?
O coworking é unha modalidade de cooperacion no traballo que permite a profesionais independentes, nómadas dixitais, emprendedores ou mesmo pequenas empresas, compartir un mesmo espazo de traballo favorecendo, non so unha via asequible de levar a cabo os seus proxectos, senon tamen o networking e os proxectos conxuntos.
O noso alumnado de CS Xestion de vendas e espazos comerciais e CM Actividades Comerciais sábeno ben porque con eles tivemos a sorte de visitar a Arminda e Rubén do coworking tudense “Espacio Colmena“, toda unha referencia en Tui e a súa contorna, no que nos relataron a súa interesante historia, xerme da súa orixinal proposta.
Grazas os nosos anfitrións polo recibimento e os nosos profes de comercio polo acompañamento!