Descubrindo as instalacións de El Corte Inglés

Os alumnos/as do 2º curso do ciclo superior de Xestión de Vendas Espazos Comerciais e 2º curso do ciclo medio de Actividades Comerciais acudiron ao Corte Inglés de Vigo para recorrer as súas instalacións, coñecer de primeira man o seu modelo de negocio e averiguar cal é a súa estratexia para facer fronte á competencia dixital.

Un Corte Inglés que abriu as súas portas na rúa Gran Vía hai máis de 40 anos, dando á cidade olívica o rango de centro comercial e atraendo a clientes de toda a comunidade para realizar as súas compras. Moito cambiou desde entón, a irrupción das novas tecnoloxías e Internet fixo que aparezan novos competidores e, sobre todo, novas esixencias por parte dos consumidores. A atención personalizada que sempre caracterizou a este grupo de distribución como elemento diferenciador segue sendo a súa mellor baza.