Visita a feira Ecoimaxín

Os alumnos/as do 2º curso do Ciclo Medio de Actividades Comerciais e 2º curso do Ciclo Superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais acudiron á terceira edición da Feria de Emprego Ecoimaxín no Concello da Guarda. Un evento no que o alumnado puido coñecer as novidades do sector e aprender das experiencias no mundo empresarial de especialistas en Marketing e Comercio.

Baixo o lema “por un futuro sostible”, esta feira de emprego e formación tivo como obxectivo estimular o talento e crear cultura emprendedora na comarca do Baixo Miño, establecendo o concepto de sustentabilidade como elemento dinamizador socioeconómico e xerador de oportunidades de emprego. Ademáis, tamén se profundizou nas posibilidades das novas tecnoloxías e das diferentes vías de negocio, con informacións relevantes para a posta en marcha de proxectos empresariais. Os participantes tamén tiveron a oportunidade de asistir a obradoiros formativos en contacto directo con empresas sustentables.