O obxectivo desta excursión era visitar un centro formativo de Portugal que imparte clases de FP, bacharelato e ESO. Ao comezo, antes de ensinarnos o centro, convidáronnos a participar nun evento de deseño e moda organizado polo centro que incluía unha pasarela de disfraces para, posteriormente, realizar un roteiro guiado polo alumnado do centro e o seu profesorado, divididos en grupos de 5 e 6 persoas para mostrarnos os monumentos de xeito contextualizado.
A visita continuou dentro do instituto onde nos ensinaron os diferentes servizos e instalacións (casilleiros, cociñas, ximnasio, comedor, biblioteca, salas de reunións…) dedicadas o alumnado así como aquelas áreas de acceso exclusivo para eles, como a radio escolar.
En definitiva a visita foi moi instructiva e axudounos a comprender mellor como funciona a educación e a FP no noso páis veciño.