Gimp é un dos programas libres para edición de imaxes de mapa de bits máis populares. Este programa forma parte do proxecto GNU e é totalmente gratuito para calquera usuario de Windows, MAC OS X e GNU/Linux. Hai moitas cousas que se poden facer con Gimp, entre elas escalar, degradar, colorear, recortar e pegar para fotomontaxes, retoque grafico, debuxar formas libres, crear GIFS animados…
O mellor de todo é que, como dixemos, é totalmente gratuito e calquera pode instalalo e usalo na súa casa. Para aprender a usar este programa, podes apuntarte as nosas clases de Marketing Dixital ou ben podes seguir online algúns dos moitísimos cursos gratuitos que existen na rede.
Se sentes máis curiosidade por este software de edición fotográfica podes botar unha ollada ao seu site oficial e visitar a nosa canle de youtube onde poderás ver algúns exemplos das potentísimas utilidades que os nosos estudantes lle sacan a este programa nas nosas clases de Formación Profesional.