Oporto e Ikea

O día ameazaba choiva pero iso non impediu que iniciásemos a viaxe cara a veciña e sempre amable Portugal. Ó chegar á zona céntrica de OPORTO, viaxamos e cando o alumnado esperaba as instrucións de todo o que íamos ver, nada máis lonxe da realidade.

Neste día serían eles mesmos organizados por equipos e con material aportado polas docentes os que tiñan que organizar a visita. Contaban con un mapa turístico, e con unha serie de pistas de lugares que deberían atopar. A misión era facer un “selfie” para demostrar que atoparan o lugar suxerido e que todos visitaban unha serie de lugares emblemáticos. Entre estes puntos encontrábanse a famosa librería LELLO, a Torre dos Clérigos, o Majestic Café, a estación de Sao Bento, o Palacio de Cristal , entre outros.

Despois de unha comida express seguimos a ruta do día dirixíndonos á tenda de IKEA. Alí o alumnado tiña que observar e reflexionar sobre aspectos vistos nas aulas sobre a distribución da tenda, merchandising, pasos para realizar a compra, organización da mercancía e outros aspectos característicos deste concepto comercial tan aclamado por algunh@s. O que si é claro e que non deixa a ninguén indiferente. A volta cara Tui trouxo uns raios de sol que só nos deu gana de volver e seguir apreciando a fantástica cidade portuguesa.