Sabores do mundo

Os alumnos/as do 1º curso do ciclo medio de Actividades Comerciais e do ciclo superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais formaron parte do certamen gastronómico Sabores do mundo realizado polo noso centro, o IES Indalecio Pérez Tizón.

O obxectivo desta actividade que integrou a toda a comunidade educativa foi fomentar o traballo en equipo, favorecer a cohesión dos grupos e recoñecer a diversidade étnica e cultural como unha diferenza positiva, que nos enriquece como persoas. Á hora de contextualizar os diferentes pratos, o alumnado recreou diferentes escenarios e dramatizacións, creando decorados con materiais de refugallo e low cost.