O 4 de febreiro, os alumnos/as do 2º curso do ciclo superior de Xestión e Espazos Comerciais e do ciclo medio de Actividades Comerciais puxeron rumbo á cidade olívica para coñecer de primeira man o Porto de Vigo, un dos máis importantes da península e dos principais motores económicos e comerciais de Galicia.
Comenzouse a xornada visitando a lonxa de venda de pescado, na que se amosaron as distintas especies que se pescan na zona e, de seguido, accedeuse a zona exterior de carga e descarga de contenedores para coñecer o funcionamento das maquinarias e os tipos de containers.
Posteriormente dirixímonos á Zona Franca de Vigo, axencia de desenvolvemento económico do sur da provincia de Pontevedra dende 1947. Nas súas instalacións, visitáronse os almacéns para ver de primeira man as mercadorías que se gardan nelas e explicáraronse as diferentes actividades que leva a cabo este organismo.