Saída ao Parlamento de Galicia

Cal é a historia do parlamento e de que modo a súa actividade condiciona o comercio e, por extensión, a nosa vida?

De todo isto e moito mais puideron enterarse os nosos alumnos de Ciclos Formativos de Comercio e Marketing durante a visita guiada na que participamos o pasado martes. A visita non só incluíu información moi útil sobre as funcións do parlamento e o modo en que funciona, senón tamén un pequeno percorrido polo seu hemiciclo e salóns nobres.

Como os nosos alumnos, amén de entusiastas, son rápidos  aprendendo, ainda nos deu tempo a tardiña a asistir a unha ruta guiada pola Cidade da Cultura baixo o nome “Gaiás Secreto” no que puidemos aprender sobreo os espazos que, non estando a vista do público, permiten o funcionamento da súa actividade.