Saída á Etiqueta Negra en Pontevedra

O noso alumnado de 1º e 2º Ciclo Superior e Xestión de Vendas e Espazos Comerciais, tivo a oportunidade de visitar o luns 14 de Novembro a última edición da feira do Gourmet galego, Etiqueta Negra.

Esta feira, ten lugar no recinto ferial de Pontevedra onde os nosos alumnos puderon coñecer, probar e testar os produtos galegos que despuntan pola súa calidade e excelencia así como os máis innovadores e os que marcan tendencias.

A feira contou coa presenza de oitenta de produtores escollidos pola súa singularidade, a súa orixinalidade e a maior calidade dos seus produtos. Nos distintos stands puderon atopar cafés, infusións, marmeladas, galletas, tortas, doces, xeados, castañas, produtos de quinta gama, queixos, patés, carnes, caracois, embutidos, xamóns, conservas, legumes, algas, salsas e aderezos, pan, propostas veganas e un sen fin de delicias que fixeron gozar o padal.

Ademáis o alumnado de segundo de superior acertou a asistir a un showcooking (presentación de comidas elaboradas no momento) cos ollos pechados. Este showcooking foi impartido polo alumnado do CIFP Carlos Oroza que levou a cabo a experiencia ‘Cos ollos do sabor’ ante 80 personas, entre eles nosos alumnos que probaron a cegas diferentes pratos.

Penso que nesta excursión o alumnado de superior do Ciclo de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais puido ver en directo a axentes comerciais facendo unha incomiable labor de venda do noso mellor producto galego gourmet.