Taller de fotografía E-commerce

A profesional, Rosa Neutro achegouse ao noso departamento de comercio do IES Indalecio a impartir un interesante taller de fotografía e-commerce de 4 horas de duración.

Foron dúas xornadas, unha para cada ciclo na que pretendeu ser un primeiro achegamento ao amplo mundo da Fotografía de escaparatismo.

Ao alumnado pareceulle interesante á hora de practicar coas cámaras de fotos e escenarios. Serviulles para aprender a utilizar a cámara de modo máis creativo e tamén probando dende seus móviles.

A xornada comezou cunha breve clase teórica sobre a Fotografía para logo dar paso ao manexo da cámara. O alumnado de maneira moi práctica e amena coñeceron os parámetros que se utilizan para realizar a toma: medición, diafragma, velocidade de obturación, ISO…

Ademais aprenderon algunhas anotacións sobre como editar as imaxes sacadas.

En resumo penso que foron unhas xornadas moi interesantes

Podedes achar o portfolio de Rosa Neutro aquí.