@s alumn@s do 1º curso de grao medio de Actividades Comerciais, efectuaron unha saída con destino Santiago de Compostela, onde realizaron, no Instituto Galego de Consumo, as seguientes actividades nos talleres-obradoiros de:
- Consumo na rede.
- Consumo Responsable: as Marcas.
- Publicidade no punto de venda.
Participaron, aplicando os contidos teóricos adquiridos durante o curso nas distintas actividades propostas, e vivenciaron as novas formas de consumo na rede e coñeceron o perfil dos novos consumidores debido os cambios sociais e tecnoloxicos xurdidos coa globalización.
Aprenderon e valoraron os argumentos nos que se sustenta o consumo de forma responsable, e foron coñecedores, a través das explicacións das monitoras, das novas estatexias que desplegan as marcas para chegar ao consumidor, así como a publicidade que usan os comercios no punto de venda onde compran os consumidores.
A tardiña, poideron percorrer as rúas de Santiago, analizando tanto o comercio tradicional como as novas tendencias comerciais orientadas a satisfacer as expectativas , así como convencer ós turistas que visitan a cidade como meta das distintas rutas de peregrinación. Extraeron conclusións do estudio dos recursos e da oferta comercial que ofrece a capitalidade de Galicia e comprobaron, in situ, o grao de influencia das súas áreas comerciais no territorio galego, e a competencia que representa para as cidades de A Coruña e Vigo, xa que as tres teñen o rango de metrópoles subrexionais de Galicia.