O día 22 de febreiro, tras , dispuxémonos para ir visitar dous dos principais motores económicos e comerciais da provincia e de Galicia. Tanto os alumnos de 2º de Ciclo Superior como os de 2º do Ciclo Medio acordaron cedo acudiron puntuais á cita, agardando con expectación a xornada que lles ía permitir afondar nos coñecementos avanzados nas aulas, principalmente nas áreas de Loxística de Almacenamento e de Aprovisionamento.
Ás 09:30 chegamos ao Porto de Vigo e, tras superar os estrictos controis de acceso, fomos recibidos polo persoal da Autoridade Portuaria que amablemente nos acompañou durante a visita para explicar as diversas actividades que se levaban a cabo no recinto.
Os alumnos, tras poñerse o equipamento necesario, puideron visitar as lonxas de venda de pescado. Alí, entre túnidos, peixe de baixura e peixes espada,entre outros, soubemos da intensa actividade comercial que se vive no Porto xa desde a madrugada e que implica a miles de traballadores a diario.
Tras esta primeira toma de contacto, e logo dunha volta para concienciarnos da dimensión das instalacións, amosáronnos onde se almacenaban as diferentes especies, para posteriormente ser cargadas para a súa distribución. No interior e no exterior das múltiples naves, os alumnos tomaron conciencia da inxente cantidade de empresas que desde alí realizan a súa actividade comercial e loxística.
Finalmente, conducíronnos cara as zonas de almacenamento exterior do Porto e cara a zona de movemento e descarga de contenedores. Comprobamos os diferentes tipos de unidade de medida, tipos de contenedores, como funcionaba a maquinaria, como estaban automatizados os procedementos de localización de mercadorías. Todos estaban abraiados das dimensións da inmensa actividade que alí se realizaba.
Serían as 11:45 cando saímos en dirección ao segundo dos nosos destinos do día: a Zona Franca de Vigo, motor económico da provincia e elo fundamental na cadea da empresa Citroën. Tras unha merecida pausa para o almorzo, o persoal dirixiunos cara os almacéns da Zona Franca para explicar o funcionamento do mesmo e a tipoloxía de mercadorías que alí custodiaban. Despois de ver algúns dos almacéns destinados a Citroën desde o exterior, conducíronnos cara o Auditorio do organismo, onde nos explicaron as diferentes actividades que realizan a diario e que están ligadas co desenvolvemento económico, comercial e industrial do sur da provincia.
Aprendemos un montón e todos quedaron encantados coa visita!