Visita ó Polo de Emprendemento e Trasdeza Natur

Sabes o que é un Polo de Emprendemento?

O polo de emprendemento e unha asesoria para as persoas con iniciativa para fundar unha empresa, pero que non estan seguras de como proceder para levar a cabo a súa iniciativa.

O noso alumnado do CS Xestion de vendas e espazos comerciais e CM Actividades Comerciais puido comprobar de primeira man as posibilidades que aportan este tipo de institucións cando se fala de emprendemento, xa que grazas o proxecto de Aulas de Emprendemento que desenrolamos dende o departamento de comercio puideron visitar Silleda para que dende o Polo de Emprendemento e a Fundacion Roberto Rivas asesorasen os nosos alumnos nas súas ideas de negocio.

A visita tamen incluiu unha visita a Trasdeza Natur onde puidemos comprobar en persoa un proxecto de artesania alimentaria de éxito, levado a cabo por unha verdadeira emprendedora centrada na deshidratación ecolóxica de froitas que foi asesorada polo propio polo de emprendemento

Grazas dende aquí a Trasdeza Natur e a Fundación Roberto Rivas pola súa benvida!