Algunha vez tes probado galletas estilo mariñeiro?
Pois se alguén é un experto nesta materia, eses son o noso alumnado de CM Actividades Comerciais e CS Xestión de vendas e espazos comerciais, xa que tiveron a sorte de visitar galletas Daveiga, todo un referente na materia.
Durante a visita puidemos contemplar o proceso de fabricacion das súas galletas; dende a elaboración da masa no obrador ata o cociñado e o empaquetado. Todo moi medido e controlado para que nada saia mal e o seu produto poida chegar en condicións óptimas os puntos de venda