Conxemar 2022

O pasado 6 de outubro, o noso alumnado de 1º e 2º Ciclo Superior de Comercio, tivo oportunidade de visitar a última edición da feira internacional de produtos do mar conxelados Conxemar.

Esta feira, unha referencia no sector a nivel mundial, ten lugar no recinto Ifevi (Vigo) recentemente ampliado ata alcanzar os 37.000 m² polos que os nosos alumnos puideron explorar as últimas innovacións e produtos do sector, así como todo o despliegue de merchandising, comunicación e marketing das empresas máis importantes desta industria tan trascendental para o noso país (preto do 5% do PIB galego).

Ademáis de empresas nacionais puidemos comprobar a oferta de produtos de paises extranxeiros (principalmente de Europa e América Latina) que foron presentados na feira da man de empresas deses páis ou ben dos seus organismos públicos para a promoción do comercio exterior.

Ademáis tamén acertamos a asistir a algunha das pequenas charlas organizadas e visitamos stands con maquinaria específica para o sector (enlatado, etiquetado, paletizado…) moi útiles para darlle un complemento visual o aprendido en módulos como os de loxística de almacenamento.