Dinamización do punto de venda

Durante as semanas previas ó Nadal, o alumnado do Ciclo Medio de Actividades Comerciais levou a cabo diferentes accións de dinamización que, nunha mestura de diferentes técnicas publicitarias de baixo custe (escaparatismo, dinamización creativa e marketing de guerrilla) buscaban crear un clima e ambiente de Nadal no centro. En grupos pequenos os rapaces do ciclo foron quen de crear pequenas obras de arte que, baixo o principio de mínimo custe e máximo impacto, foron colocadas de forma subrepticia en puntos estratéxicos do centro (elixidos mediante unha pequena análise de fluxos de persoas) buscaban o maior impacto posible da nosa mensaxe. As intervencións incluíron iluminación nalgún dos casos. Parte deste material foi empregado na nosa participación no concurso Sabores do Mundo onde marabillamos ó xurado a pesares de non resultar oficialmente gañadores desta edición.

#nadal #saboresdomundo #dinamización