Saída a Santiago de Compostela

O alumnado de 1º Ciclo medio de comercio, bacharelato e 4º ESO , nunha visita coordinada cos departamento de comercio, Fol e economía, visitamos, como cada ano o Escola Galega de Consumo. Nesta ocasión con novas actividades. Estas perseguían que o alumnado aplicase a teoría sobre “merchandising”, fixación de prezos, axustarse a un presuposto, todo elo dunha maneira amena e didáctica. Tamén se traballou a publicidade a través do uso das cores e súa implicación na toma de decisións á hora da compra. Chamoulle a atención a exposición de artigos retirados do mercado e as súas causas.

Despois desta actividade de carácter máis académica a segunda parte da xornada consistiu na visita a diferentes establecementos comerciais no centro comercial “As Cancelas” co fin de por en práctica os conceptos traballados anteriormente en canto a disposición de produtos, publicidade no punto de venda, exposición dos prezos…

Despois dunha xornada atípica na capital galega onde o sol acompañou regresamos cara Tui coa sensación de ter aproveitado a xornada e con ganas de VOLVER!

#compostela #consumo #actividade #visita