Programa eduemprende Actúa

Un ano mais , dentro do programa “eduemprende Actúa”o cal “é unha acción que se desenvolve directamente nos centros educativos e consiste en achegar a realidade emprendedora a eles coa presenza activa de persoal técnico do e dunha/s persoa/s emprendedora/s que dean a coñecer ao alumnado a súa experiencia persoal, como ferramenta que lle permita afianzar o espírito emprendedor e a iniciativa empresarial a partir de aptitudes como a creatividade, a iniciativa, o traballo en equipo, a confianza nun mesmo e o sentido crítico. Tamén se pretende por en valor o traballo desenvolvido polo profesorado e alumnado na aula” tal como nos di na web.

Nesta ocasión, tivemos a oportunidade de repasar conceptos mais teóricos da man dun profesional pero tamén contamos ca visita de dous emprendedores da zona, antigos alumnos do centro: Javier Oliveira e Borja Valenzuela. Os cales nos contaron a experiencia profesional como emprendedores e como foi o camiño a seguir dende que naceu a idea de negocio. Xurdiron moitas preguntas e quizais tamén algunha idea para emprender esta dura aventura!