Durante o último mes, o Ciclo Superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais levou a cabo unha intervención na biblioteca co ánimo de dinamizar e revitalizar este espazo público. Para elo, e tras unha planificación que incluíu presuposto e fases de deseño, fabricación e montaxe mediante cronograma pormenorizado e pert probabilístico. Buscouse unha temática primaveral con elementos ornamentais sinxelos e alcanzable (principalmente papel e cartón) e axuste o principio fundamental da fórmula AIDA (attention, interest, desire and action, e decir; atraer, espertar o interese, transmitir unha mensaxe e provocar unha acción – neste caso, a visita a biblioteca).
O intervención incluíu a creación de nova sinaléctica coas normas da biblioteca en forma de carteis en cartón-pluma que foron colocados en diferentes puntos da sala de lectura e en coordinación co equipo da biblioteca. O desenvolvemento das diferentes fases tivo altibaixos na execución, como é normal neste tipo de proxectos creativos, pero finalmente rematou sen incidencias e dentro do proposto.