INNOVATECH

Dende a aula de 2º de CM Actividades Comerciais saliu un grupo de alumnos voluntarios para implicarse neste proxecto de innovatech FP co reto proposto por L´Oreal (Deseño de solucións para a transformación de envases plásticos de produtos cosméticos en produtos duradeiros para salóns de peiteado L’Oréal) ,

O proxecto escolleuse entre todos os propostos polas empresas participantes porque era no que o noso departamento de comercio podia implicarse mais que nos outros 6 retos. Unha vez escollido o reto procedeuse a facer unha saida á A Coruña para a participación no acto no que as empresas expuseron os seus retos a todos os grupos de FP presentes.

Como partidarios do reto de L´Oreal procedemos a facer un proxecto de solución para a transformación dos envases plásticos en produtos cosméticos ou en produtos duradeiros para salones de peiteado.

En qué consistiu o noso proxecto:

Consistia no seguinte: Recuperar os recipientes rematados dos clientes empregándose para elo unha Reverse Vending Machine (RVM), semellante as empregadas en certos paises europeos que, baixo o modelo SDDR, e como diversos estudos teñen demostrado, logran taxas de reciclaxe mais altas nos paises do norte en comparación cos do sur.

Neste caso a máquina non seguiría exactamente ese procedemento, seno que en vez de devolverlle unha cantidade monetaria, daríalle unha cantidade en puntos. Estas máquinas poñense en supermercados, centros de estilismo e perruquería, droguerías etc, xa que son os puntos nos que se venden ou empregan productos de L’OREAL e son zonas de alta concentración de consumidores habituais da marca. Neste caso, o propio proveedor pode encargarse da recollida dos envases, a vez que fai a entrega dos novos pedidos. 

Empregando unha estratexia de lealdade; as persoas que entregan envases na máquina, obterían unha serie de puntos que lle aportarían diversas vantaxes na súa relación coa marca e os seus proxectos, todo elo a través da nosa propia aplicacón para dispositivos móbiles. Os establecementos ou centros onde se coloquen as maquinas, recibirían pola súa banda unha serie de incentivos en base proporcional a cantidade de envases recuperados.

A continuación podedes ver o Logotipo e o QR propostos para o concurso: