O día 11 de abril, de maña, saímos hacia Pontecaldelas para cubrir a primeira fase do itinerario que consistiu nunha visita á empresa Distribucións Arnoia, sita no polígono da Reigosa, anexo ao do Campiño. A estancia foi moi fructífera xa que nos falaron da historia, evolución, características da empresa, así como a situación do mercado actual da venda de libros en Galicia e España e as estrastexias que está a empregar a empresa para manterse. Posteriormente estivemos no almacén onde os alumnos puideron valorar a organización do proceso da almacenamento, o espacio físico, o deseño dos produtos, así como os equipamentos e organización das zonas de recepción, control e expedición, tecnoloxía e o software especial coas ordes de picking (programa de xestión informátizado) que sorprendeu moi gratamente aos nosos alumnos.
A continuación seguimos hacia Pontevedra, para realizar a segunda fase do noso programa coa realización do roteiro comercial “ casco vello”. Durante unha hora e media percorremos a cidade polo casco histórico e o ensanche, prestando especial atención aos monumentos máis señeiros, as rúas maís comerciais, precisando as peonís, e con visitas aos distintos comercios máis representativos do sistema tradicional e do máis progresista. Os alumnos valoraron os dous sistemas de forma crítica constructiva, e sinalaron que tipo de negocios teñen maior demanda e cales teñen un futuro pouco prometedor, precisando que modos e estratexias deberían de emprender para manterse.
Pola tarde, e xa na terceira fase, realizaron unha visita ao Museo Provincial, percorrendo as distintas instalacións e as salas da Prehistoria( tesouro de Caldas de Reis), Historia Antiga, así como as salas de arte galega e española, parándose, polo seu interés, nas obras de Castelao e a Cerámica de Sargadelos. Respecto a esta última, explicóusenos a súa orixe co Marqués de Sargadelos, o abandono e o reflotamento con Isaac Díaz Pardo e o instituto das formas, documentación e investigación.
As 18 h. emprendemos o regreso hacia Tui, coa sensación de comprobar a importancia dos polígonos industriais no fomento do emprego, entendendo que é fundamental a informatización no futuro da empresa Arnoia, e poder coñecer o comercio nunha cidade mediana, que potencia a súa área histórica e a peonización como atractivo para incrementar a clientela.
Máis información en : https://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=16947593