Os nosos alumnos/as dos Ciclos de Comercio e de 2º de Bacharelato, fixeron unha viaxe “fin de etapa” a Madrid-Burgos
O día 10 tivo lugar a saída hacia Madrid, cunha visita guiada, pola tarde, ao Mosteiro do Escorial. Os alumnos/as comprobaron a grandeza do edificio de concepción renacentista coas súas dependencias da biblioteca, as estancias reais, o Panteón Real dos Austrias, os patios, destacando o dos Evanxelistas, así como a importante pinacoteca.
O día seguinte, pola mañá, iniciamos unha visita guiada a cidade de Madrid, percorrendo a Praza de España, Praza de Cibeles, Porta de Alcalá, Estación de Atocha, Palacio Real, Catedral da Almudena, Praza Maior, Porta do Sol, Casa da Vila… , con comida e paseo polo Parque de Retiro, … onde os alumnos/as puideron ver os monumentos máis famosos de Madrid, así como observar e analizar os distintos centros, zonas e rúas comerciais. Pola tarde visita guiada ao Museo Reina Sofía, no que os alumnos percorreron as dependencias do edificio e as distintas salas, valorando as obras de Dalí, Juan Gris, etc e mostrando especial interés na sala do Guernica.
O día 12, o noso itinerario abrangue un paseo pola Praza de Cibeles, por Neptuno, polo Paseo do Prado,.. A continuación visita ao Museo do Prado, onde os alumnos/as puideron ver, ademais das distintas salas coas obras pictóricas mais salientables, como a de Velázquez, Goya, o Greco ou Rubens, observaron e valoraron os distintos edificios, as intalacións, marketing, tendas de compras, facendo un estudio do merchandising, presentación dos productos e algún outro aspecto. Pola tarde, paseo e ruta comercial pola zona das Cortes, Sol, Callao, Gran Vía, Fuencarral,… onde os alumnoa/as ademais de facer compras estudiar e analizar as distintas zonas comerciais, disfrutaron dos mercados, barrios, como os das Letras, Malasaña, La latina e Salamanca.
O día seguinte, temos xa a saída cara Segovia, con visitas ao Acueduto Romano, Praza Maior, Catedral, Alcázar,… Pola tarde continuamos dirección a Burgos, onde fixemos unha visita á impactante Catedral Gótica, ao Arco de Santa María, á Praza do Mercado Maior,.. percorrendo as súas rúas e adentrándonos nos seus máis innovadores comercios.
O derradeiro día (14), pola mañá, visita guiada ao Museo da Evolución Humana, onde os alumnos/as observaron a distribución de áreas con distintos contidos, os equipos de traballo, medios técnicos e metodoloxía neste museo tan moderno e sorprendente. No lugar fixeron un percorrido histórico pola evolución humana dende o antecéssor ou o Heidelbergensis , coñecendo in situ ao propio Miguelón. A continuación, visita guiada aos Xacementos de Atapuerca, comprobando a xeomorfoloxía da zona onde destacan as dolinas, simas ou incluso fallas. Pola tarde emprendemos a volta hacia Tui; o conductor do autobús sorprendeunos cun karaoke cun interesante repertorio de cantigas galegas, sendo entrañable o momento en que todos/as cantábamos algunha das cantigas máis coñecidas, e nos sentimos felices por aproveitar esa viaxe por cidades con outras culturas e que son Patrimonio da Humanidade, coñecendo obras emblemáticas de museos e visitando lugares únicos no mundo dende o punto de vista da arqueoloxía e da antropoloxía.