Visita o porto de Vigo

España é o país da UE que conta cunha maior lonxitude de costa (8.000 km). Moitos empregos (segundo portos do estado, uns 35.000) dependen dos nosos portos xa que por eles pasan a maioría das exportacións e importacións.

Por suposto, Galiza fai unha enorme aportación a estes datos cos seus 1720 km de costa e 129 portos, dos cales 6 (Vigo, Marín, Vilagarcía, A Coruña e Ferrol-San Cibrao) son os de maior importancia e tamaño e están considerados de interese xeral do Estado estando a súa competencia en mans do Ministerio de Fomento e de 5 Autoridades Portuarias, quedando os 122 restantes nas mans do ente público Portos de Galicia

Por suposto, o Porto de Vigo é un destes grandes portos galegos e un dos principais portos do Estado en diversos eidos. De feito, segundo información publicada no xornal Atlántico o porto de Vigo foi a única terminal marítima do Estado que creceu no 2019 tanto en pesca fresca como en tráfico de vehículos, que son duas das principais variables que Portos do Estado ten en conta para avaliar a saúde do negocio portuario (podes consultar a noticia aquí)

Como xa estarás imaxinando, había que ir alí cos nosos alumnos de comercio para que puidesen ver e escoitar de primeira man como funciona esta fenomenal infraestructura que temos tan perto de Tui, o porto de Vigo.

A continuación podes comprobar como os nosos alumnos desfrutaron da visita e o serios que están absorvendo toda a información con grande interese. Sen dúbida pagou a pena a viaxe!