Visita a Inditex

O 23 de outubro, os alumnos/as do 2º curso do ciclo de Grao Medio de Actividades Comerciais e 1º curso do ciclo de Grao Superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais acudiron ás oficinas centrais de Inditex, situadas en Arteixo (A Coruña).

Unha visita onde os alumnado puido coñecer de primeira man o modelo de negocio dunha das empresas de fabricación e distribución textil máis importantes do mundo. Ademais, ensinouse o ciclo de vida das prendas da marca Zara, comenzando co deseño, corte e fabricación do produto e rematando cos distintos controis de calidade e a súa distribución ás máis de 2.200 tendas que a marca posúe en todo o mundo.