Esta vez non fomos nós os que saímos senón que tivemos a visita de Ana Rodríguez, a xerente do Balneario de Caldelas de Tui. Quen mellor que unha profesional do sector turístico para explicar os pormenores dunha clientela tan esixente como son os turistas. Neste caso, tal como nos contou teñen disparidade de público que os visita diariamente. Dende cativos moi novos a persoas da terceira idade pasando por visitantes eventuais de fin de semana.
A cada un haberá que tratalo de forma diferente e ser quen de satisfacer as súas necesidades. Tamén nos coutou algún “segredo” desa empresa familiar da que está á fronte dende hai xa moito tempo. A xestión dunha empresa familiar non é fácil nin o é manter un equipo humano traballando que xa leva moito tempo con eles. A segunda parte da actividade consistiu nun coloquio onde o alumnado lle preguntou diferentes cuestións que lle resultaron interesantes e ela tamén nos contou certas “anécdotas” para recordar.
Moitas gracias Ana por a túa visita! Vémonos en Caldelas de Tui!!