O alumnado de comercio é consciente dos moitos perfís profesionais que pode desempeñar ó saír do ciclo. Por iso resultou moi interesante este relatorio onde recibimos como convidado ao director comercial de Pérez Rumbao Vigo. Falou de diversos temas plasmando moi ben todas as accións publicitarias e de comunicación que se levan a cabo no lanzamento dun novo produto á venda . Neste caso puxo o exemplo dun vehículo novo e todas as actividades de lanzamento do mesmo (publicidade en distintos medios, relacións públicas…). Neste exemplo concreto vimos de unha forma práctica cales son as ferramentas mais interesantes en cada caso e sobre todo puidemos facer todas as preguntas que consideramos oportunas sobre esa profesión do vendedor que parece que é tan sinxela pero que verdadeiramente é moi complexa.
Quedamos moi satisfeitos coa visita do proveitosa que foi e con ganas de pasar polo concesionario! Serían as dotes de venda! 😛