Saída á Etiqueta Negra en Pontevedra

O noso alumnado de 1º e 2º Ciclo Superior e Xestión de Vendas e Espazos Comerciais, tivo a oportunidade de visitar o luns 14 de Novembro a última edición da feira do Gourmet galego, Etiqueta Negra. Esta feira, ten lugar no recinto ferial de Pontevedra onde os nosos alumnos puderon coñecer, probar e testar os … Ler máis

Charla sobre Marketing Dixital no Espazo Xove

O alumnado de 1º de ciclo medio e superior foron ao Espazo Xove de Tui a recibir a charla impartida por Baicrea, unha axencia de comunicación e marketing dixital, un equipo de nativos dixitais comprometidos coas marcas e as persoas. A charla foi sobre  “Marketing dixital e marca persoal”, onde o alumnado aprendeu de primeria … Ler máis

Master Class de SEO e SEM

O alumnado de 1º de ciclo superior recibiu unha masterclass personalizada de duas horas e media de duración duns dos profesionais estrela do mundo SEO.. A charla foi impartida nas nosas instalacións por Wajari Velásquez, consultor SEO e desenvolvemento web. É docente de SEO e WordPress na Universidade de Vigo, en centros privados de formación … Ler máis

Taller de fotografía E-commerce

A profesional, Rosa Neutro achegouse ao noso departamento de comercio do IES Indalecio a impartir un interesante taller de fotografía e-commerce de 4 horas de duración. Foron dúas xornadas, unha para cada ciclo na que pretendeu ser un primeiro achegamento ao amplo mundo da Fotografía de escaparatismo. Ao alumnado pareceulle interesante á hora de practicar … Ler máis

Pócima “Convivamus”

O curso de 1º de Ciclo Medio de Actividades Comerciais colaborou co centro e co departamento de Orientación e Convivencia no deseño deste bonita lareira. Ten un fin moi particular, que é contribuir á mellora na convivencia. Se queredes saber de que vai o conto, pulsade no enlace.

Charla sobre Visual Merchandising

Este ano de pandemia, non nos foi posible realizar as tan desexadas e ansiadas visitas a institucións e empresas, polo que tivemos que adaptarnos e completar as clases do profesorado con charlas de profesionais. Neste caso recibimos a visita de Patricia Maquieira, que nos viu falar do “visual merchandising“. Foi unha hora e media moi … Ler máis

Sabores do mundo

Os alumnos/as do 1º curso do ciclo medio de Actividades Comerciais e do ciclo superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais formaron parte do certamen gastronómico Sabores do mundo realizado polo noso centro, o IES Indalecio Pérez Tizón. O obxectivo desta actividade que integrou a toda a comunidade educativa foi fomentar o traballo en … Ler máis

Visita o porto de Vigo

España é o país da UE que conta cunha maior lonxitude de costa (8.000 km). Moitos empregos (segundo portos do estado, uns 35.000) dependen dos nosos portos xa que por eles pasan a maioría das exportacións e importacións. Por suposto, Galiza fai unha enorme aportación a estes datos cos seus 1720 km de costa e … Ler máis

Pontecaldelas – Pontevedra – Combarro

O pasado luns saíamos do I.E.S cun sorriso fóra do normal! O sol saía despois de unha infinidade de días agochado e quixo ser protagonista nesa saída tan esperada. Partimos de Tui a 1ª hora da mañá en dirección a Pontecaldelas, onde se atopa a sede de Distribucións Arnoia na cal nos recibiron Alicia Ferreiro … Ler máis

Saída a Santiago de Compostela

O alumnado de 1º Ciclo medio de comercio, bacharelato e 4º ESO , nunha visita coordinada cos departamento de comercio, Fol e economía, visitamos, como cada ano o Escola Galega de Consumo. Nesta ocasión con novas actividades. Estas perseguían que o alumnado aplicase a teoría sobre “merchandising”, fixación de prezos, axustarse a un presuposto, todo … Ler máis